Thursday 02 de May de 2024

Alternativa esixe a urbanización dos terreos cedidos ao concello


O arranxo do asfaltado de diferentes vías, accesos ás vivendas convertidos en lameiras que se cubren con “zahorra” (que aínda deteriora máis os asfaltados), fochancas,… son algún dos problemas aos que a veciñanza se enfrenta no día a día pola falta de urbanización do Concello dos terreos cedidos polas persoas propietarias de vivendas de recente construcción.

Raúl Varela, portavoz municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre, xa presentou este tema en varias ocasións e volverá a insistir no pleno municipal deste xoves, para que se faga un plan que de solución a esta situación.

A situación pódese ver claramente en zonas como Bandebo ou Piñeiro en Brexo-Lema, As Gamelas en Anceis ou Meixigo.
No primeiro caso, a única resposta dada polo Concello en todo este tempo foi limítase a dicir que “virada visita,os camiños atópanse en optimas condicións”